PortAmérica confirma Caldas como sede no 2018 e avanza datas: 5, 6 y 7 de xullo

Umia
18 de xullo 2017

Apenas tres días despois de pechar con éxito a súa sexta edición, o festival PortAmérica deu xa os seus primeiros pasos para a próxima. A principal dúbida quedou resolta. De novo, a carballeira de Caldas de Reis, escenario que estreou a pasada fin de semana, volverá acoller esta imprescindible cita musical e gastronómica

Festival PortAmérica 2017, na carballeira de Caldas
Festival PortAmérica 2017, na carballeira de Caldas / Diego Torrado

Apenas tres días despois de pechar con éxito a súa sexta edición, o festival PortAmérica deu xa os seus primeiros pasos para a próxima. A principal dúbida quedou resolta. De novo, a carballeira de Caldas de Reis, escenario que estreou a pasada fin de semana, volverá acoller esta imprescindible cita musical e gastronómica.

A través das súas redes sociais, PortAmérica anunciou que Caldas volverá ser a sede do festival en 2018, despois de que tanto o concello como os organizadores e todos os participantes manifestasen publicamente estar encantados co resultado da primeira edición na emblemática carballeira.

Non é para menos. Segundo as primeiras estimacións, unhas 18.000 persoas gozaron do festival durante os seus tres días e a boa acollida a este novo espazo foi unánime.

A primeira novidade para 2018 será, en todo caso, as datas. PortAmérica adiantará unha semana a súa cita co calendario festivaleiro nacional.

A súa sétima edición, que volverá reunir a un amplo cartel de grandes estrelas da música nacional e internacional, cun marcado acento no intercambio cultural entre España e América Latina, celebrarase os días 5, 6 e 7 de xullo.

Os abonos poñeranse xa á venda a partir de mañá mércores. Haberá unha cota de entradas cun prezo especial de lanzamento, a través de Ticketea, de 30 euros.