Tras dar a coñecer gran parte do seu cartel para 2024, o festival PortAmérica desvelou a distribución por días das bandas e artistas que actuarán no recinto da Azucreira de Portas os días 4, 5 e 6 de xullo. Faino, ademais, coincidindo coa venda de entradas soltas.
Vetusta Morla, Xoel López, Carlos Sadness, Toquinho, Standstill, Guadi Galego e Mondra serán os encargados de actuar na primeira xornada do próximo PortAmérica, o xoves 4 de xullo.
Ao día seguinte, o venres 5, farán o propio Aitana, Milo J, Shinova, León Benavente, Caloncho, The Rapants, Marilia Monzón, Besmaya e Sarria.
A terceira e última xornada do PortAmérica 2024 estará protagonizada, entre outros, por Juanes, Arde Bogotá, Ilegales, Rodrigo Cuevas, El Columpio Asesino, Burning e Sonido Gallo Negro.
No ShowRocking, a proposta gastronómica que comanda Pepe Solla, xa está confirmada a presenza de Artur Martínez, Begoña Rodrigo, Diego Guerrero, Diego López, Édgar Núñez, Javi Estévez, Javier Olleros, Luis Lera, Lydia del Olmo e Xosé Magalhaes, Maca de Castro, Nagore Irazuegui e Rodrigo Fonseca, Roberto Ruiz, Víctor Martín e Yolanda León e Juanjo Pérez.
As entradas diarias, xunto á zona de acampada e aparcadoiro de autocaravanas, poñeranse á venda este venres ás 13:00 horas a través de portamerica.es.