Por primeira vez, Xose Manuel Budiño canta en Pontevedra

Pontevedra
14 de agosto 2021

Xose Manuel Budiño xa actuou en varias ocasións en Pontevedra pero ata o de agora sempre o escoitabamos tocando a gaita, a frauta ou mesmo o piano. Agora o músico, da man do seu último traballo "Fulgor" atreveuse a cantar

Concerto de Xose Manuel Budiño
Concerto de Xose Manuel Budiño / Mónica Patxot

Xose Manuel Budiño xa actuou en varias ocasións en Pontevedra pero ata o de agora sempre o escoitabamos tocando a gaita, a frauta ou mesmo o piano. Agora o músico, da man do seu último traballo "Fulgor" atreveuse a cantar. 

O público que asistiu ao concerto da Praza de España puido gozar de 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por Budiño con letras de poetas como Antía Otero ou de compositores como Xoel López e Vega ademais do propio Budiño.

Neste traballo Budiño está acompañado de tres grandes guitarristas para dar vida a esta reinvención do artista galego.

Tamén este venres, nas pistas de Campolongo, actuou o grupo compostelán Blanco Palamera, formado por Manuel Blanco e Xoán Domínguez.

E no paseo dos Gafos tivo que ser suspendido por indisposición dun dos artistas o concerto de Píscore, un espectáculo familiar que recibiu o Premio do Público Festaclown.