O salón de actos do Sexto Edificio do Museo acollerá este venres 29 de abril, a partir das oito da tarde, o recital poético Ponteversus 2016.
Trátase dunha iniciativa dos poetas que se agrupan baixo o colectivo Círculo Poético de Pontevedra.
No que participarán Carmen Castejón Cabeceira, Tamara Andrés, Esther González Sánchez, Matilde Veiga Alén, Conchi Sedano, Benito Piñeiro, Isabel García Uría, Rosario Miloro, Xabier Castro Suárez, Luis Maquieira, Elisabeth Oliveira, Marisa Lozano Fuego, Olga Vidal, Sergio González, Wladimir Dragossan, Dossy Hernández, Dory Serrano e Merce Pérez Jorge.
Ponteversus ten como finalidade dar visibilidade aos autores de poesía da provincia de Pontevedra e aspira a consolidarse na cidade como unha mostra referente anual da poesía local.