Pontevedra, ao son das bandas de música

Pontevedra
19 de outubro 2024

Até 15 formacións compiten no XVII Certame Galego de Bandas de Música que acolle o Pazo da Cultura de Pontevedra

XVII Certame Galego de Bandas de Música no Pazo da Cultura
XVII Certame Galego de Bandas de Música no Pazo da Cultura /

O Pazo da Cultura é escenario este fin de semana do XVII Certame Galego de Bandas de Música.

Organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, o certame pon ritmo á Boa Vila con até 15 formacións participantes.

A actuación da Banda de Música de Arzúa e o seu espectáculo 'Rock á galega' deu o pistoletazo de saída ao consurso na inauguración celebrada o venres.

Foi un anticipio a toda a actividade programada durante sábado e domingo, con espazo tamén para bandas xuvenís e infantís.

Cada participante debía interpretar unha obra de presentación, unha peza de libre elección e outra proposta pola organización.

XVII Certame Galego de Bandas de Música no Pazo da Cultura
XVII Certame Galego de Bandas de Música no Pazo da Cultura

A listaxe completa das agrupacións participantes é: Agrupación Musical do Rosal, Banda Escuela de Música de Beade, Banda de Música Popular Airiños do Morrazo de Moaña, Unión Musical de Coruxo, Banda de Música Unión Musical de Tenorio, Banda de Música Artística de Arcade, Banda Infantil de Lalín, Banda de Música Xuvenil de Xinzo, Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, Banda Xuvenil da Unión Musical de Meaño e Banda-Escuela da Banda Municipal da Estrada.

O XVII Certame Galego de Bandas de Música reparte máis de 20.000 euros en premios, contando cunha actuación final no seu acto de clausura da Banda Sinfónica Galega.