Pontevedra retoma os actos festivos suspendidos pola traxedia de Santiago

Pontevedra
29 de xullo 2013

Cinco días despois do sinistro, a programación recupera as proxeccións de Cinema na lúa e o Festixeve, e incorpora o Animatrón e os 15 bolos que se celebran dende este luns ata o 2 de agosto nas distintas prazas pontevedresas. Se harán cinco concertos na praza da Verdura (todos ás 21.30 horas) e oito na praza da Teucro (ás 22.30 e 23.30)

O Concello de Pontevedra retoma este luns a axenda festiva e de lecer que suspendeu o xoves 24 de xullo con motivo do tráxico accidente ferroviario de Santiago, seguindo o mandato da Xunta de portavoces celebrada o día 25.

Cinco días despois do sinistro, a programación recupera as proxeccións de Cinema na lúa e o Festixeve suspendidos a semana pasada, e incorpora o Animatrón e os 15 bolos que se celebran dende este luns ata o 2 de agosto nas distintas prazas pontevedresas. Faránse cinco concertos na praza da Verdura (todos ás 21.30 horas) e oito na praza dO Teucro (ás 22.30 horas e, dende o martes, un segundo concerto ás 23.30).

Este luns actuarán The Grave Dolls na Verdura e Skirl no Teucro. O martes serán Voltage na Verdura e Vortex e PDA (Pus de Alce) no Teucro. O mércores, Flying Carpet e The Bodynatchers e Thee Blind Crows no Teucro. O xoves será o turno de Black Dog na Verdura e ChampurradaOs Fervellasverzas. O venres rematarán na Verdura Nagai e no Teucro Pi Graos.

Ademais, a programación infantil das festas do verán comeza esta semana cunha nova edición do Animatrón que se celebrará dende este martes ata o o venres 2 de agosto na zona das Palmeiras da Alameda. Será de 18.00 a 21.00 horas e haberá actividades de animación, ludoteca, 'Constrúe a túa cidade', hinchables, disco infantil e actuacións dun mago, un home orquestra, o circo escarranchado e paiasos.

Ata o venres tamén haberá polas tardes obradoiros temáticos diarios como 'Son un mago', 'Son un artista', 'Xogos populares', 'Son un fan da Tv' .

Asimesmo, retómase a programación de Cinema na lúa prevista inicialmente do mércores 24 ao domingo 28, xa que únicamente puido proxectarse Grupo 7. Será a partir das 23.00 horas na praza da Pedreira. A carteleira integrarana Mientras duermes (martes 30), Intocable (mércores 31), El caballero oscuro. La leyenda renace (xoves 1) e a película de animación Up (venres 2).

O Festixeve 2013 tamén se volve a meter en axenda esta semana, aínda que será dunha única xornada e cunha programación máis reducida. Celebrarase o vindeiro vernes, 2 de agosto, no Campo de Vilar de Fragoso de Santo André de Xeve. As actuacións previstas a partir das 22.30 horas son as de La Tuna Rastafari, DJ Nonito Mondosonoro e Pandeiromus.

Arquivado en