Pontevedra recorda o papel das mulleres durante a represión franquista

Pontevedra
14 de maio 2013

Pontevedra acollerá en xuño as Xornadas sobre a represión franquista e a muller. O propósito, segundo a súa coordinadora, María Xesús López Escudeiro, "é manter viva a memoria histórica, o seu coñecemento e recoñecemento, un labor que nunca acaba e que non se debe interromper". Pero neste caso centrándose no papel das mulleres, que foron "dobremente represaliadas e dobremente esquecidas"

Presentación das Xornadas sobre a represión franquista e a muller
Presentación das Xornadas sobre a represión franquista e a muller / PontevedraViva

Pontevedra acollerá en xuño as Xornadas sobre a represión franquista e a muller. O propósito, segundo a súa coordinadora, María Xesús López Escudeiro, "é manter viva a memoria histórica, o seu coñecemento e recoñecemento, un labor que nunca acaba e que non se debe interromper". Pero neste caso centrándose no papel das mulleres, que foron "dobremente represaliadas e dobremente esquecidas".

Lopez Escudeiro, exconcelleira de Cultura en Pontevedra, explicou que as mulleres na ditadura "foron represaliadas e resistentes" e sobre todo "depositarias e transmisoras da memoria". Por iso remarcou a importancia de "visibilizar a aportación que moitas mulleres fixeron á historia", cuxo papel nas guerrillas fortaleceu en gran medida a resistencia aínda que as súas actuacións foran acaladas.

A programación inclúe distintas actividades que se desenvolverán en diferentes centros culturais e de ensino local, e teñen por obxectivo divulgar e dar a coñecer as ocultacións e terxiversacións da época franquista, así como as voces femininas silenciadas durante a ditadura.

A programación inclúe un simposio sobre a representación franquista en Galicia (1936-1975), As mulleres: vítimas da represión, protagonistas da resistencia que se celebrará no Pazo da Cultura os vindeiros 7 e 8 de xuño.

A programación deste simposio é a seguinte:

VENRES 7 DE XUÿO

  • 17.00 h. Acto de apertura
  • 17.15 h. Carmen Blanco: "Memoria, mulleres, represión, resistencia e liberación"
  • 18.00 h. Andrés Domínguez Almansa: Presentación dos resultados do proxecto Nomes e Voces. Represión e muller.
  • 18.30 h. Coloquio: Pontevedra recorda o papel das mulleres durante a represión franquista
  • 19.15 h. Mesa redonda coa participación mulleres represaliadas e resistentes

 

SABADO 8 DE XUÿO

  • 10.30 h. Julio Prada: Franquismo e represión de xénero en Galiza
  • 11.30 h. Ana Cebreiros. "Mujeres para España". A Sección Femenina de Falange.
  • 13.00 h. Xosé Álvarez Castro: a represión contra as mulleres en Pontevedra
  • 17.00 h. Luis Bará e Carme Vidal: Políticas públicas da memoria en Galicia (2005-2009). Mulleres con memoria.
  • 17.45 h. Victoria Martins: Galegas nos cárceres franquistas
  • 18.30 h. Coloquio
  • 19.15 h. Aurora Marco. Galegas na resistencia antifranquista.

O prazo de inscrición no simposio estará aberto ata o 7 de xuño enviando os datos persoais ao correo mulleresememoria@gmail.com.

Paralelo ao simposio, o Pazo da Cultura acollerá a exposición Vermellas. Chamábanlles "rojas" organizada pola Universidade de Santiago de Compostela, e proxectaranse dous audiovisuais Digna rabia e As silenciadas.  Na programación tamén se inclúe o Roteiro da represión franquista de xénero e un acto de homenaxe ás mulleres represaliadas e resistentes que será o vindeiro 28 de xuño, a partir das 20 horas, e que estará guiado por Pepe Álvarez Castro.