A cuarta xornada de concertos das Festas da Peregrina tiveron como protagonista á ópera no escenario principal da Praza de España.
Os pontevedreses descubriron e emocionáronse coa proposta de 'ópera folk' de María Soliña. Unha proposta contemporánea e renovadora do xénero bebendo da tradición galega que tivo unha gran aceptación.
O recital contou coa colaboración da Orquestra Sinfónica Vigo 430 interpretando a base musical coa participación do gaiteiro Anxo Lorenzo e de Anxo Pintos á zanfona. Todo nunha obra ecrita por Nacho Mañá con libreto de J.R. Bustamante.
Non foi a única cita da xornada musical, que comenzara unha hora antes na Ferrería con Nastasia Zürcher e que se pechou en Campolongo coa proposta de Recycled DJ que atraeu a un gran número de mozos.
Este mércores toman a testemuña musical nas festas as propostas de Combo Paradiso na Ferrería (21.00 horas), Amaro Ferreiro na Praza de España (22.00 horas) e Bejo en Campolongo (22.30 horas).