Pontevedra celebra o 'Samaín no Río' con catro noites de música con DJ

Pontevedra
28 de outubro 2021

O Recinto Feiral de Pontevedra será o escenario de catro noites de música no que coñecidos rostros locais porán música con vinilos. É a proposta de 'Samaín no Río', que se celebrará entre o xoves 28 e o domingo 31, no marco das actividades do 'botellódromo'. Lúa Zalamera, N. Skillzz, Doc e Malaguita serán os nomes encargados da mestura de melodías 

Malaguita
Malaguita / Facebook José Malaguita

O Recinto Feiral de Pontevedra será o escenario de catro noites de música no que coñecidos rostros locais porán música con vinilos. É a proposta de 'Samaín no Río', que se celebrará entre o xoves 28 e o domingo 31, no marco das actividades do 'botellódromo'.

Lúa Zalamera, N. Skillzz, Doc e Malaguita serán os nomes encargados da mestura de melodías na explanada superior do recinto.

Haberá unha actuación diaria ás 22:00 horas que rematará ás 01:30 horas.

A programación é a seguinte:

  • Xoves 28 de outubro: Malaguita
  • Venres 29 de outubro: N. Skillzz
  • Sábado 30 de outubro: Doc
  • Domingo 31 de outubro: Lúa Zalamera

 

Por mor dos concertos, haberá certas restricións á hora de aparcar vehículos na explanada. Entre as 21:00 e as 06:00 horas de cada día estará prohibido estacionar neste espazo.