A actividade nas fábricas de conserveras converteuse na "revolución industrial das mulleres galegas", afirma Mónica Camaño, unha das actrices que este xoves interpretará no escenario do Pazo da Cultura a unha das traballadoras do espectáculo 'As do peixe', unha obra que ofrece a historia de catro mulleres que se encontran sen emprego despois de anos traballando nunha fábrica de conservas da súa vila.
Para escribir o texto, Cándido Pazó contou con "nove horas de gravación de voces de mulleres do Morrazo" que serviu como materia prima para elaborar esta proposta teatral. "ÿ vida e memoria levada ao escenario" afirmou o autor durante a presentación que se realizou no Concello de Pontevedra coa presenza da concelleira de Cultura, Anxos Riveiro e as actrices Rocío González e Mónica Camaño.
O elenco actoral complétano Susana Dans e Casilda Alfaro baixo a dirección da pontevedresa Cristina Domínguez, que non poderá asistir á función deste xoves porque coincide, no Día Mundial do Teatro, coa Gala de entrega dos Premios Casares que se desenvolve na Coruña na que 'Ás do peixe' é candidata a cinco galardóns. A coincidencia non preocupa á repartición porque "o que prefiren as actrices é estar non escenario", asegura Cándido Pazó.
O espectáculo comezará ás 21.00 horas e inclúese dentro da programación do Salón do Libro. O venres 28, pola mañá, desenvolverase unha sesión para 750 alumnos da ESO de centros de Pontevedra, Barro, Ponte Caldelas, Baiona, Bueu e Tui. Será a primeira vez que 'Ás do peixe' se represente para escolares e Mónica Camaño sinalou que nas preto de 20 funcións que levan realizadas recolleron reaccións de espectadores sorprendidos por recordar as súas avoas con esta obra.
As entradas poden adquirirse a través de servinova ou na billeteira do Pazo da Cultura.
FUNCIÿN DA ESAD
Tamén con motivo da celebración do Día Mundial do Teatro, este xoves 27 a partir das 19.00 horas un grupo de alumnos da Escola Superior de Arte Dramática realizará unha representación teatral baixo o título de 'Mascapáxinas' no Pazo da Cultura.