O ciclo Ponteatro continuará co seu quinto espectáculo o vindeiro xoves 20 de abril. Como de costume, o Teatro Principal será o punto de encontro para gozar, nesta ocasión, da obra de teatro 'Continente María', dirixida por Tito Asorey e escrita por Marianella Morena.
A peza de Ainé Producións, que porá fin á súa xira galega en Pontevedra, pretende recuperar e homenaxear a figura e vida da artista exiliada María Casares a través do diálogo.
A música de Vadim Yukhnevich e a interpretación da actriz Melania Cruz serán as encargadas de mergullar os espectadores nunha emotiva viaxe ao longo da vida de Casares.
As entradas da obra teatral xa están á venda en continentemaria.gal e Ataquilla.com por un prezo de oito euros.
Esta edición do ciclo teatral porá o seu broche de ouro o vindeiro 22 de abril con 'Altsasu', de La Dramática Errante, no Teatro Principal.