PODCAST.- Carmen Mola deixa descansar en paz á inspectora Elena Blanco para enfrontarse a novos retos

Pontevedra
25 de setembro 2024
Actualizado: 09 de outubro

Agustín Martínez, Antonio Mercero e Jorge Díaz, estiveron en Pontevedra presentando 'El Clan', o quinto título co que pechan a serie inspectora Elena Blanco. Charlamos con eles no podcast 'Cara a cara' de PontevedraViva Radio

'El Clan' pecha a serie inspectora Blanco, de Carmen Mola
'El Clan' pecha a serie inspectora Blanco, de Carmen Mola / Mónica Patxot

Carmen Mola debutou editorialmente coa inspectora Elena Blanco. Sete anos despois déixana descansar en paz, os lectores descubrián en 'El Clan' se é literal ou metafórico. Charlamos de novo no podcast 'Cara a cara' cos seus coautores, Agustín Martínez, Antonio Mercero e Jorge Díaz, que estiveron en Pontevedra presentando esta novela.

A inspectora Elena Blanco chegou con 'La novia gitana' e continuou con 'La red púrpura', 'La nena' e 'Las madres'.  Agora enfróntase para pechar a súa traxectoria na Brigada de Análise de Casos, a BAC,  ao chamado Clan, con maiúsculas. Esta conclusión da saga é un punto final tamén para Carmen Mola?, "é o final da historia da inspectora Elena Blanco; pero seguirá habendo Carmen Mola porque nos teremos que enfrontar a un reto novo co que saquemos", aclara Agustín.

Para pechar esta serie de novela negra, tanto como un abismo, Carmen Mola despáchase a gusto, non deixa monicreque con cabeza nesta 'desorde' mundial no que está implicada a policía, a xudicatura, a política, ou a empresa.

"Era a última novela, non facía falta gardarse nada", din.  Non se gardaron nada efectivamente, nin pinga de sangue, aínda que quizá onde menos sangue hai, o relato é máis cruento: "ao final somos nós o sistema, cando dicimos que o sistema non funciona e benefíciase dos máis desfavorecidos, estamos a falar de nós mesmos", explica Martínez.

'El Clan' é unha organización, e hai outra, ou outras, que discorren por esta novela, a familia. Apunta Jorge Díaz que "a familia está moi presente na novela e quizá foi de forma involuntaria".

O podcast completo está dispoñible para escoita e descarga desde a ligazón que se adxunta e tamén na web de PontevedraViva Radio.