O centro cultural Xaime Illa de Raxó acollerá este sábado 18 de febreiro, a partir das oito e media da tarde, a representación do novo espectáculo da compañía Pinchacarneiro Teatro.
Trátase de L, unha comedia bailable, na que os acontecementos móvense a ritmo de electropop. É a historia dunha noitevella na que os personaxes profundan na relación entre o moral e o inmoral.
A obra enmárcase na programación anual do ciclo de teatro PoioEscena.
O prezo das entradas será de un euro para os socios das asociacións organizadoras e de tres euros para o público en xeral.