Paseos musicais polo centro da cidade

Pontevedra
29 de xullo 2016

A segunda edición de Paseantes iniciouse este venres cunha serie de concertos gratuítos en diferentes prazas da cidade. A actividade terá continuidade durante toda a xornada de sábado

Segunda edición de Paseantes
Segunda edición de Paseantes / Mónica Patxot

Pasear por Pontevedra e atopar un concerto de balde nunha das súas prazas. É o que ofrece o programa municipal Paseantes na súa segunda edición.

Estes itinerarios musicais a pé iniciáronse este venres cunha serie de concertos na Praza de Abastos, Praza da Leña, Glorieta de Compostela ou Praza de Ourense da man de diferentes propostas musicais, as de Alberto Vilas Quartet, Palito, Xabier Mera, Lulavai, Gro!, Cristian Silva Ego Band e o Nujazz de Nastasia Zürcher.

Durante toda a xornada do sábado Paseantes terá continuación, empezando ás 12.00 horas na praza de abastos con Breakin'Bones e seguindo ás 13:00 e 14:00 horas con Appel Tree e Xoán Curiel na praza de Méndez Núñez.

Xa pola tarde ás 19:00 e 20:00 horas tomarán o testemuña Quinteto Rubato e Silvia Penide na Verdura e ás 21:30 e 22:30 horas Mónica de Nut e Virxilio Silva e The Lakazans darán peche a esta iniciativa na Praza do Teucro.

Arquivado en