Palabras e literatura, protagonistas da noite do venres no Espacio Arroelo

Pontevedra
20 de maio 2015

'A vida en palabras' será la actividad para mezclar literatura y entretenimiento y donde crear y compartir historias que se va a desarrollar el próximo viernes 22 de mayo, a partir de las 20.00 horas en las instalaciones que dispone en la calle Michelena

Actividades en Espacio Arroelo
Actividades en Espacio Arroelo / Espacio Arroelo

A noite do próximo venres, 22 de maio, a partir dás 20.00 horas está previsto que se celebre en Espacio Arroelo unha sesión baixo o título 'A vida en palabras' na que a literatura e as diferentes formas de contar serán protagonistas.

Esta xornada desenvolverase cunha actividade de contacontos na que poderán participar menores e pais para escoitar a historia que narrará Paul do Canizo, ás 20.30 horas e ás 21.30 horas.

Tamén haberá unha sesión de audiorrelatos con narracións gráficas dalgunhas obras da coworker e escritora Sabela Muñiz. Desta forma, os oíntes internaranse no universo que vai máis alá das palabras. Realizaranse pases cada 30 minutos a partir das 20.30 horas.

Ademais levarase a cabo unha actividade que permitirá aos participantes compartir a súa peculiar historia. Os protagonistas deste espazo serán Ángela Paz, Víctor Loira, Diego Castro e María Luz Pérez Arias.

A 'Literatura non padal' servirá para coñecer libros a partir de receitas. Entre outras propostas degustarase a obra 'A Cociña Cristiana de Occidente' de Álvaro Cunqueiro a través das coworkers de Elefantes de Cacharraría.

Por último tamén se compartirá un muro de desexos, coas motivacións e aspiracións que dan sentido á vida de cada individuo. O obxectivo desta iniciativa é observar os sonos e as inquietudes dos demais para que os participantes poidan identificarse ata o punto de sentirse parte dun conxunto.

Estas propostas levaranse a cabo con motivo da celebración do Día das Letras Galegas nas instalacións de Espazo Arroelo na rúa Michelena, 11.