No medio dun gran éxito de público, Os Trazantes de Tenorio celebraron o seu 40 aniversario.
Foi cunha mostra que se desenvolveu no adro da igrexa de Tenorio, que estivo ateigada de veciños e veciñas da vila.
Durante a celebración actuaron as distintas agrupacións de música e baile que compoñen a gran familia dos Trazantes, que durante estas catro décadas traballaron pola recuperación da música e do baile tradicional galego.
Esta mostra incluíu tamén as actuacións de Treixadura e do grupo de pandereteiras As Lagharteiras.
Xa o domingo, foi a quenda das actuacións de Ximielga La Saya, Saíñas de Xove e a reunión de todos os grupos do concello, incluíndo Abrentes de Cerdedo, Foula, Pandereteiras do Val de Quireza e Afoutes de Canón de Pau.