Os temas máis emblemáticos da música tradicional latinoamericana apropiáronse na noite deste xoves da praza da Ferrería da man do trío Los tres soles del Paraguay, que colleu a substitución da programación musicial das festas da Peregrina.
A súa actuación era a aposta da programación para o público de maior idade. Mentres na praza de España os mozos gozaban do concerto World Dance Music, uns espectadores máis entrados en anos non deixaban nin unha cadeira baleira para gozar do estilo latino de Los tres soles del Paraguay. O éxito de público obrigou a que moitos quedasen de pé.
A programación musical das festas locais encara xa as súas tres últimas noites:
Venres 19: Daniel Minimalia e Rosa Cedrón
Domingo 21: Loquillo