Os libros, na rúa durante o Día das Letras Galegas

Pontevedra
17 de maio 2018

Calquera momento é bo para adquirir un libro en galego pero, se aínda por encima, son estes os que saen á rúa en busca dos lectores non hai quen se resista. Oito librerías da cidade, con motivo do Día das Letras Galegas, instalaron os seus postos de venda na rúa

'Libros na Rúa', no Día das Letras Galegas
'Libros na Rúa', no Día das Letras Galegas / Diego Torrado

Calquera momento é bo para adquirir un libro en galego pero, se aínda por encima, son estes os que saen á rúa en busca dos lectores non hai quen se resista.

Iso pasoulle aos pontevedreses que se toparon na Praza da Peregrina con oito librerías da cidade que, con motivo do Día das Letras Galegas, instalaron os seus postos de venda na rúa.

As librerías que participaron son Aviones de Papel, D-Lectum, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Paz e Seijas.

O obxectivo desta iniciativa, impulsada polas concellerías de Dinamización sociocultural e Normalización lingüística, era visibilizar o libro en galego e poñer en valor as librerías de Pontevedra.