Os espectáculos de animación de 'A rebulir!' toman as rúas de Pontevedra a partir do luns

Pontevedra
31 de xullo 2020

Dez espectáculos de compañías galegas sorprenderán aos viandantes durante cinco días con animación itinerante

A concelleira Carme da Silva e Serxio Rodríguez de Troula na presentación de 'A rebulir!'
A concelleira Carme da Silva e Serxio Rodríguez de Troula na presentación de 'A rebulir!' / Mónica Patxot

O programa festivo estival 'Pontevedra vívese' ofrece a partir do luns ata dez espectáculos de animación itinerante. A concelleira de Festas, Carme da Silva, aclaraba durante a súa presentación que "non é unha versión COVID19 de Itineranta", ainda que a interactuación habitual co público nestes eventos restrínxese para cumprir cos requisito de seguridade do momento actual.

Así, "faltaranos esa interacción, pero non faltará vistosidade" engadía Serxio Rodríguez, membro de Troula, unha as compañías participantes e habituais das citas festivas da capital. Do mesmo xeito que a compañía viguesa, o resto tamén proceden de Galicia e ofrecerán espectáculos diversos nos que "non imos pasar desapercibidos".

Precisamente, para evitar aglomeracións de persoas durante o seu percorrido, o programa de 'A rebulir' non detalla lugares de inicio ou de final de cada función. Serán iso si, polo centro histórico e o seu ensanche; en percorridos peonís ou de convivencia co tráfico rodado; entre o luns 3 e o venres 7.

El lunes 3 de agosto: A las 20.00 horas 'Por que é salgada auga do mar?' con Os Quinquilláns. A las 21.00 horas 'Mezzo' con Pista Catro.

El martes 4 de agosto: A las 20.00 horas 'Baixo o mar' con Rivel Animación. A las 21.00 horas 'Fantasía' con Kepler T&T.

El miércoles 5 de agosto: A las 20.00 horas 'A gran viaxe' con Inventi Teatro. A las 21.00 horas 'Lume' con Troula Animación.

El jueves 6 de agosto: A las 20.00 horas 'A musicleta e os instrumentos máxicos' con Pulpiño de Viascón. A las 21.00 horas 'Ruada Animal' con Artmonium.

El viernes 7 de agosto: A las 20.00 horas 'O séquito do capitán Nemo' con Barafunda. A las 21.00 horas 'Tricirco' con Pablo Méndez Performance.