Os enredos conxugais de "El contador del amor" divirten o público pontevedrés

Pontevedra
15 de maio 2017

Natalia Sprenger, David Mora e Nacho López son os protagonistas da obra de teatro El contador del amor, que se representou con éxito este domingo 14 de maio no auditorio da sede Afundación de Pontevedra

Representación de "El contador del amor" en Pontevedra
Representación de "El contador del amor" en Pontevedra / Alba Sotelo

Natalia Sprenger, David Mora e Nacho López son os protagonistas da obra de teatro El contador del amor, que se representou con éxito este domingo 14 de maio no auditorio da sede Afundación de Pontevedra.

El contador del amor é unha obra dirixida por César Lucendo que mostra a vida en parella de Diana e Agustín.

Tras anos de feliz matrimonio, deciden confesar as súas aventuras extramatrimoniais. Isto convértese no comezo dunha profunda crise, chea de sospeitas lexítimas, acusacións e celos explosivos, pois ningunha mentira está exenta de consecuencias e ningunha verdade de perigos.

Ao final, a confianza dentro da parella debería ser unha mera ilusión. Segundo El contador do amor, esta é a condición fundamental para manter a paz no fogar conxugal.