Os Crystal Fighters, novo reforzo para o cartel musical do Atlantic Fest 2024

O Salnés
23 de febreiro 2024

A banda londiniense Crystal Fighters súmanse ao cartel do Atlantic Fest 2024, que se celebrará na praia da Concha de Vilagarcía de Arousa os días 19, 20 e 21 de xullo. Actuarán no festival, concretamente, o sábado 20 de xullo

A banda londiniense Crystal Fighters
A banda londiniense Crystal Fighters / Atlantic Fest

A banda londiniense Crystal Fighters súmanse ao cartel do Atlantic Fest 2024, que se celebrará na praia da Concha de Vilagarcía de Arousa os días 19, 20 e 21 de xullo.

Actuarán no festival, concretamente, o sábado 20 de xullo, segundo adianta a organización.

Chegarán ao Atlantic Fest para presentar en directo o seu último disco, Light+, un traballo musical repleto de ideas, desde exercicios rave e pop tropical, ata toques de cumbia e deliciosas melodías pop. Iso si, sen perder o son festivo que lles caracteriza.

Este quinto álbum reforza aínda máis a traxectoria dunha banda que se fixo popular en 2010 coas súas dous primeiros temas, Xtatic Truth e I Love London.

A súa mestura de xéneros chamou a atención por peculiar e por un directo cun extra de euforia e paixón, remitindo ao house ibicenco, rozando o drum'n'bass e soltando adrenalina coa txalaparta, unha percusión tradicional vasca, incrustada na súa choiva de ritmos.

Crystal Fighters súmase así aos artistas xa confirmados previamente, entre eles Mika, Los Planetas, Sílvia Pérez Cruz, Andrés Suárez, Sidonie, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, Elefantes, Cariño, Luis Fercán, The Parrots, Gazella e Rocío Saiz.