A banda de gaitas de Os Coribantes de Buchabade presentaron temas do seu próximo disco o pasado sábado ante o púbico de Ponte Caldelas e na actuación incluída no ciclo 'Noites de terraza' que organiza o Concello.
Entre as composicións deste último traballo que se fará público en breve está o tema titulado ‘Cabaleiros e Raíñas’ inspirado nun colgante medieval, o 'Pinjante', atopado na contorna do Castelo Grande de Ponte Caldelas, hai un ano. Dito colgante mostra a un cabaleiro armado con escudo e espada no alto, adornado con ás emplumadas. O escudo heráldico representa dous castelos en cor vermella e dous patos negros, de patas e pico vermello.
"É un orgullo que Ponte Caldelas e os seus achados sirvan de inspiración", sinalou o alcalde caldelano, Andrés Díaz, quen agradeceu esta achega local ao director de Vos Coribantes, Andrés Lorenzo, así como ao presidente da banda de música, Anxo Lale.
Ademais de interpretar para o público asistente estas novas cancións, Os Coribantes tamén estrearon unhas máscaras ilustradas co nome da formación musical e co logotipo ' EuSonPonteCaldelas', que levarán como é preceptivo, nas súas actuacións.