Os cincuenta anos de Os Chaneiros comenzan a celebrarse co Memorial Antonio Fernández

Marín
06 de setembro 2024

No festival participarán o Grupo de Gaitas Atlántida de Matamá, Asociación Cultural Trompos Os Pés e a propia asociación de Os Chaneiros, coa participación de moitos dos músicos e músicas que levan formando parte da entidade desde hai anos

Presentación do undécimo Memorial Antonio Fernández
Presentación do undécimo Memorial Antonio Fernández /

A undécima edición do Memorial Antonio Fernández, que se celebrará o próximo 8 de setembro na Alameda de Marín, será a primeira parada da celebración do cincuenta aniversario da asociación artístico-cultural Os Chaneiros.

Cunha dinámica parecida á doutros anos, ás 19.00 horas realizarase unha recepción dos grupos participantes, para despois dar comezo ao evento.

No festival participarán o Grupo de Gaitas Atlántida de Matamá, Asociación Cultural Trompos Os Pés e a propia asociación de Os Chaneiros, coa participación de moitos dos músicos e músicas que levan formando parte da entidade desde hai anos.

Ademais, haberá unha actuación de Anxo Lorenzo como adianto ao concerto que ofrecerá acompañado de músicos internacionais no 50 aniversario da agrupación, que se festexará por todo o alto o día 14 no Pavillón do SEI San Narciso.

No caso de chuvia, o Memorial Antonio Fernández trasladarase ao multiusos da praza de abastos.