A agrupación Os Chichisos comezaron xa os ensaios para realizar as actuacións previstas de Cantos de Reis.
Escolares da Parda, Mourente e Tomeza, no municipio de Pontevedra; e Bértola e O Toural, en Vilaboa, forman parte desta tradicional actividade con motivo destas festas do Nadal.
As actuacións previstas iniciaranse o 3 de xaneiro cos Cantos de Reis en Arcade, no municipio de Soutomaior, entre as 20.00 e as 21.00 horas.
O 4 de xaneiro, a sesión desenvolverase entre as 17.30 e as 20.00 horas polas prazas e rúas de Pontevedra.
O percorrido iniciarase na Praza da Liberdade para trasladarse, a continuación, á Praza de San Xosé, Rúa da Oliva, Peregrina e Daniel de la Sota, Praza da Peregrina, Praza da Ferrería e Praza de Curros Enríquez.
O 11 de xaneiro concluirán cunha actuación na Biblioteca do CRA de Vilaboa, entre as 17.00 e as 18.00 horas.
Os Cantos de Reis son pezas musicais tradicionais que relatan unha viaxe ou tratan temáticas vinculadas a un camiño.