Os Black Stones amosan a súa paixón polo rock and roll

Pontevedra
21 de agosto 2022

Na Praza da Ferrería fixeron unha homenaxe a eses sons melódicos que mudaron o mundo entre os anos 50 e os 70, cando a música rock viviu o seu apoxeo e todos os ollos estaban postos nos Beatles, Rolling Stones ou na Creedence Clearwater Revival

Concerto dos Black Stone
Concerto dos Black Stone

Os Black Stones son un dos bens musicais máis veteranos e coñecidos na cidade. Levan nas súas costas máis de medio século facendo música, o que os coloca no Olimpo da Boa Vila á hora de falar de experiencia e bo facer. 

Na Praza da Ferrería fixeron unha homenaxe a eses sons melódicos que mudaron o mundo entre os anos 50 e os 70, cando a música rock viviu o seu apoxeo e todos os ollos estaban postos nos Beatles, Rolling Stones ou na Creedence Clearwater Revival.

AS FESTAS DA PEREGRINA REMATAN

As Festas da Peregrina finalizarán este domingo de xeito oficial, se ben o luns terán o seu derradeiro movemento, co tradicional Día do neno, que se traduce en descontos nas atraccións da Alameda, e coa actuación de Víctor Manuel na praza de España, ás 22.30h, que vén a substituír o concerto que Bunbury tiña programado, nun principio, o 12 de agosto, mais foi suspendido pola imposibilidade de continuar con normalidade a súa xira por motivos de saúde.

Sexa como for, o domingo albíscase como un dos grandes días das Festas. O concerto de Camela, o mítico dúo madrileño de pop electrónico, atraerá a miles de persoas até a Praza de España para bailar, cantar e gozar do seu repertorio.

Pola súa banda, Laroá tomará a praza da Ferraría para facela súa a través da fusión de música tradicional, jazz e ritmos tradicionais da Península Ibérica. 

A mesma festividade que ao longo destes días foi unha constante estará presente o domingo, con Duos Pontes, Fervellos do Pío e as charangas OT e Mil9. Ademais, a partir das 22.45 fará a comezo a verbena na Gran Vía de Montero Ríos coas orquestras Latino e Bahía.

Por último, os fogos de artificio despedirán o programa oficial, entre a Ponte do burgo e a ponte de Santiago, da man da pirotécnica Xaraiva. Comezarán á media noite.