Os 'bichos' invaden o Pazo de cara o Salón do Libro Infantil e Xuvenil

Pontevedra
16 de marzo 2016

Entre os días 1 e 23 de abril, as instalacións do Recinto Feiral acollerán a decimoséptima edición deste evento cultural que, nesta ocasión, levará por título Canta bichería

Traballos de montaxe do Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Traballos de montaxe do Salón do Libro Infantil e Xuvenil / Mónica Patxot

Os bichos están a invadir estes días o Pazo da Cultura. Pero tranquilos, non se trata dun problema de hixiene senón dos protagonistas da nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Entre os días 1 e 23 de abril, as instalacións do Recinto Feiral acollerán a decimoséptima edición deste evento cultural que, nesta ocasión, levará por título Canta bichería.

Os animais domésticos, de granxa, salvaxes e mariños, réptiles e paxaros... todos eles terán cabida este ano no Salón do Libro. E moitos deles comezaron a facer acto de presenza nas instalacións do Pazo.

Os seus organizadores aseguran que o salón manterá a creatividade e imaxinación na súa próxima edición, co obxectivo de seguir fomentando a lectura en galego.

A programación de actividades presentarase nos próximos días.