Os animais, protagonistas do XVII Salón do Libro baixo o título 'Canta bichería!'

Pontevedra
02 de xuño 2015

O Salón do Libro xa ten temática para a súa decimo sétima edición. Dous meses despois de viaxar polo espazo e gozar coas historias da ciencia ficción, os seus responsables elixiron os animais como o eixe central do próximo salón

Salón do Libro ⿿Da ciencia á ficción⿿
Salón do Libro ⿿Da ciencia á ficción⿿ / Mónica Patxot

O Salón do Libro xa ten temática para a súa decimo sétima edición. Dous meses despois de viaxar polo espazo e gozar coas historias da ciencia ficción, os seus responsables elixiron os animais como o eixe central do próximo salón. Os animais domésticos, de granxa, salvaxes e mariños, réptiles e paxaros… todos eles terán cabida neste gran evento cultural que se celebrará baixo o lema ‘Canta bichería!’.

No 2016 terá lugar do 1 ao 23 do mes de abril e muda, logo de varios anos, o seu mes de celebración para adaptarse ao calendario escolar.

A pesar de ter tantas edicións ás súas costas, os seus organizadores aseguran que o salón manterá a creatividade e imaxinación na súa próxima edición, co obxectivo de seguir a fomentar a lectura en galego.

Seguirá sendo un proxecto directamente vencellado ao traballo dos centros escolares implicados cada ano e ansiosos por coñecer canto antes a temática da vindeira edición para poñerse mans á obra.

O XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil contará cun programa amplo e variado co que cada ano tenta sorprender, compracer, divertir e formar a un público cada vez máis esixente e que precisa de moitos meses de preparativos, "máis aínda ca de sorpresas que están por vir", sinalan desde o Pazo da Cultura.