Os adultos tamén teñen un espazo importante na programación do Salón do Libro

Pontevedra
27 de febreiro 2015

Conferencias, mesas redondas, cafés científicos, presentacións de libros e obradoiros, na programación para os maiores da cita coa lectura de Pontevedra

Obradoiro de decoración de galletas con 'Megatoxos' de Anxo Fariña no Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2014
Obradoiro de decoración de galletas con 'Megatoxos' de Anxo Fariña no Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2014 / Mónica Patxot

O público adulto ten tamén un espazo importante na programación da XVI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que estará aberto do 27 de febreiro ao 28 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra e que este ano leva por título ⿿Da ciencia á ficción⿿.

Recoñecidos persoeiros como o divulgador científico Jorge Mira, o psicopedagogo e debuxante italiano Francesco Tonucci, o catedrático de medicina legal e forense Ángel Carracedo, o editor Manuel Bragado, as escritoras Marilar Aleixandre e María Solar e o ilustrador David Pintor, entre outros, participarán nunha serie de actividades destinadas a maiores.

CONFERENCIAS

Francesco Tonucci, pensador e debuxante de Italia, é autor de numerosas publicacións sobre o papel dos nenos no ecosistema urbano e de artículos en revistas de varios países. No Salón do Libro ofrecerá a conferencia ⿿A cidade dos nenos: unha nova filosofía de goberno de cidade⿿, que contará coa intervención de Antón Costa, autor do limiar do libro ⿿A cidade dos nenos⿿, editado por Kalandraka. Será o 12 de marzó ás 18:00 horas.

O catedrático de electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela Jorge Mira, coñecido tamén pola súa participación no programa da TVG ⿿Cifras e letras⿿, chegará ao Salón do Libro o 14 de marzo (12:00 horas) coa charla ⿿A que altura está o ceo?⿿, unha cuestión que o ser humano se leva facendo dende os inicios dos tempos que que supón un encontro previo á publicación dun libro que verá a luz a principios do vindeiro curso.

Pola súa banda, o catedrático de medicina legal e forense Ángel Carracedo, director da Fundación Pública Gallega de Medicina Genómica, disertará sobre ⿿ADN forense: un presente que parece ficción⿿. O experto en xenética estará no Pazo da Cultura o 16 de marzo ás 19:30 horas. Carracedo é autor de varios libros e centos de publicacións. Actualmente coordina a investigación coa labor docente.

A derradeira das conferencias correrá a cargo de María Solar o 27 de marzo (18:00 horas). A xornalista e escritora galega ofrecerá da man do Consello Superior de Investigacións Científicas ⿿Isabel Zendala: cando a literatura rescata á ciencia⿿.

PRESENTACIÿNS DE LIBROS

A primeira da presentacións de libros terá lugar o 28 de febreiro (19:30 horas). Trátase da obra gañadora do Premio Lazarillo 2014, ⿿O meu pesadelo favorito⿿, de María Solar. O galardón, convocado pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, é un dos máis antigos na súa categoría e convócase dende 1958. Seguindo o ronsel de ⿿Alicia no País das Marabillas⿿, os distintos capítulos van contando diferentes mundos cheos de personaxes inesquecibles.

O 6 de marzo (19:30 horas) presentarase a publicación ⿿Antimateria, magia y poesía⿿, de José Edelstein e Andrés Gomberoft, que forma parte da colección de divulgación da USC. Intervirán no acto o investigador Jorge Mira, director da compilación, e o mesmo Edelstein.

María Lado será a protagonista da presentación de ⿿Porque Cuqui non quere ir á lavadora⿿, da Editorial Apiario, o 20 de marzo (19:00 horas). Trátase dunha publicación con ilustracións de Yanina Torres Tuirán.

COLOQUIOS

O Salón do Libro ofrecerá tres mesas redondas. A primeira delas, ⿿Alimarias, estrelas e clons⿿, terá lugar o 13 de marzo (19:00 horas) e estará coordinada por Marilar Aleixandre. Organizada polo Consello da Cultura Galega, versará sobre os xeitos da ciencia de contar o mundo, unha amena narración argumentada. Ao rematar o debate presentarase o ⿿Cómic do Solo⿿, do CSIC, reeditado co gallo da celebración do Ano Internacional do Solo.

O segundo coloquio, o 14 de marzo ás 19:00 horas, tratará sobre as fortalezas e debilidades da literatura infantil e xuvenil e estará moderada por Paz Castro, de Kalandraka. Participarán Manuel Bragado (Edicións Xerais), Blanca Roig, David Pintor, Xavier Senín e Romina Bal.

A derradeira das mesas, ⿿A literatura infantil e os temas feos⿿, celebrarase o 22 de marzo ás 19:30 horas e consistirá na conversa de dous creadores sobre cuestións de difícil comunicación aos menores, como o cancro, a morte ou o alzhéimer. Libros como ⿿A mamá que perdeu as cóxegas⿿ ou ⿿Chamádeme Simbad⿿ facilitarán o debate.

CAFÿS CIENTÍFICOS

Os cafés científicos ⿿MatematicaMENTE!⿿ e ⿿COSMOS⿿ consistirán nunha orixinal aposta polo achegamento ao público adulto en xeral en emprazamentos como a cervexaría ⿿Dr. Livingstone, supongo⿿ e a cafetería do Pazo da Cultura. Terán lugar o 6 e o 13 de marzo, respectivamente, ambos ás 20:30 horas. Contarán con expertos como Elena Vázquez Abal, Casto Rivadulla, Vicente Mohedano, Xurxo Mariño e Enrique Zas.

Tamén para adultos, nesta ocasión baixo o título de ⿿Ciencia na casa para pais e nais atrevidos⿿, é o obradoiro do CSIC Galicia, unha proposta para o 20 de marzo na que se farán enxeñosos experimentos.

GALA DAS LETRAS

O Salón do Libro acollerá a X Noite da Edición de Galicia coa entrega dos Premios ⿿Ánxel Casal 2014⿿, organizada pola Asociación Galega de Editores.

Os galardóns, convocados polo Concello de Santiago dende 1996, contan con varias modalidades: poesía, teatro e conto. Levan o nome do galeguista que foi alcalde da capital compostelana. A gala terá lugar o 13 de marzo, a partir das 19:00 horas.