Orquestra por sorpresa na Praza de Ourense

Pontevedra
13 de marzo 2016

O Teatro Principal de Pontevedra acolle Son de Orquestra, un novo ciclo ligado á música clásica e á lírica que protagoniza a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Para promocionalo os seus integrantes decidiron dar unha sorpresa a todos os cidadáns que este domingo paseaban pola praza de Ourense.

Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra / PontevedraViva

O Teatro Principal de Pontevedra acolle Son de Orquestra, un novo ciclo ligado á música clásica e á lírica que protagoniza a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Para promocionalo os seus integrantes decidiron dar unha sorpresa a todos os cidadáns que este domingo paseaban pola praza de Ourense.

O programa componse de catro concertos. Un xa se celebrou quedando pendentes os de marzo, abril e maio. O repertorio destes, con concertos centrados nas composicións de grandes autores e temáticas variadas, fai de Son de Orquestra unha excelente oportunidade para achegarse á música clásica, cun ciclo que promete non deixar a ninguén indiferente.

Programa:
Mércores, 16 de marzo - 21:00 h. - Teatro Principal
Noite Rusa
Director convidado: Diego Martín Etxebarría

Mércores, 20 de abril - 21:00 h. - Teatro Principal
Xermolos da Tradición Xermánica
Director convidado: David Fiuza Souto
Mezzosoprano: Nuria Lorenzo López

Mércores, 18 de maio - 21:00 h. - Teatro Principal
Monográfico E. Saavedra Castro
Director: Javier Viceiro-Filgueira
Solista: Javier Ares (piano)

Prezos: Abono (4 concertos), 30 euros - Individuais, 10 euros.

Venda anticipada:
902 504 500
www.ataquilla.com

Día do concerto: venda en billeteira do Teatro Principal, aberta desde unha hora antes do concerto.