Ópera para bebés e guerra de almofadas na segunda fin de semana do Festival das Núbebes

Pontevedra
12 de outubro 2024
Actualizado: 8:35

Actuarán Bonnier Cooper, Pavís Pavós, Pakolas e Paco Nogueiras, Raquel Queizás, Cé Orquestra Pantasma, Baobab Teatro e, por suposto, Roque

Espectáculo Puño Puñete
Espectáculo Puño Puñete / Festival das Núbebes

O Festival das Núbebes regresa este sábado 12 ao Teatro Principal e a Casa das Campás.

Bonnier Cooper estrea no Principal a súa ópera para bebés 'A volta ao mundo, nun día, a través das nanas', que contará ao longo do sábado con 3 pases para cativada de 0 a 6 anos.

Outro dos espectáculos destacados que terá lugar o día 12 na Casa das Campás é o contacontos 'Este queixo, queixolán' que suporá a despedida dos escenarios de Pavís Pavós.

A música de Pakolas e Paco Nogueiras e a contadora Raquel Queizás completarán a programación da fin de semana.

Terá lugar tamén a agardada 'Guerra de almofadas' para a que é preciso retirar convites de balde unha hora antes do comezo.

A clausura desta edición das Núbebes correrá a conta de Cé Orquestra Pantasma acompañado de Baobab Teatro e Roque.

A venda anticipada de entradas a un prezo de 3 euros máis gastos está xa activa en Ataquilla.com. A taquilla física abrirá unha hora antes de cada pase de non esgotarse as entradas previamente.