Entre o 6 e o 8 de agosto, Pontevedra volverá ser escenario para espectáculos de rúa con música en directo, circo e animación.
Os zancos, malabares, teatro, cabaré, performance, música en directo e pirotecnia chegarán, antes da semana da Peregrina, ao centro histórico a través de oito agrupacións, que se darán cita en Itineranta, un evento único en Galicia. Ao longo destes días os grupos realizarán tres rutas co obxectivo de interactuar co público que asista. Todas comezarán arredor das 21 horas.
O representante do grupo Troula, Serxio Rodríguez, destacou a presenza de agrupacións de todo o Estado e unha de Colombia. A proposta busca que todo o público poida ver todos os espectáculos de animación. Unha das figuras que forma parte do novo espectáculo de Troula, que será preestreado dentro de Itineranta, percorreu durante a mañá deste mércores a rúa Michelena.
A concelleira de Fiestas, Carme dá Silva, apuntaba que existe unha importante expectación e que numerosas persoas preguntan xa sobre o desenvolvemento de Itineranta que será o seguinte:
Martes, 6 de agosto:
- Fadunito con el espectáculo La gran familia a partir de las 21.00 horas.
- 21.30 horas: Kull d`Sac con Muñecos
- 22.00 horas: Brincadeira con La danza de la calle.
O mércores 7 de agosto:
- 20:45 h. Maduixa Teatre: Meganimals
- 21 h. Fadunito: Le Petit Cirque
- 21:15 Kull D´Sac: Le Mascherate
- 21: 45 Palo Q´Sea: Rompe Candela
- 22:15 Deabru Beltzak: Les Tambours de Feu
O xoves 8 de agosto actuarán:
- 21 h. Factoría Circular: Rodafonio
- 21:30 Maduixa Teatre: Tam Tam Percusión
- 22 Troula Animación: PachaMama