'Literatura entre fronteiras: Tánxer e a escritura híbrida' é o título do curso que se desenvolverá os días 18 e 19 de decembro en horario de 18.00 a 20.00 horas, organizado pola UNED en Pontevedra e que será impartido en liña, en directo ou en diferido, desde a sede do centro de estudos situado en Monte Porreiro.
Coordinado por Rafael Cotelo Pazos, responsable do Departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais, contará como relatora con Almudena Otero Villena, doutora en Filoloxía e licenciada en Xornalismo.
Diríxese especialme a estudantes de Literatura, Historia, Antropoloxía e, en xeral, a persoas interesadas na historia de Tánxer e en literaturas transnacionales.
Está previsto que se analicen as obras de autores vinculados á cidade do norte de Marrocos como é o caso de Mohamed Chukri, Juan Goytisolo e Ángel Vázquez.
Desta forma revisarase a literatura centrada en ambientes de barrios baixos con referencias explícitas ao sexo e ás drogas do controvertido autor marroquí Mohamed Chukri, nacido no Protectorado Español preto de Melilla. A súa obra estivo prohibida polo Ministerio do Interior de Marrocos desde os anos 80 ata o 2000.
Tamén se tratará a 'Reivindicación del Conde don Julián', de Juan Goytisolo no que defende a figura de Don Julián por facilitar a conquista árabe de España no século VIII para vingar a presunta autoría de Rodrigo, o último rei visigodo, no abuso sexual dunha das fillas do protagonista da novela.
Na sesión inicial estudarase 'La vida perra de Juanita Narboni', obra de Ángel Vázquez, na que retrata a vida dunha protagonista de pai gibraltareño, nai andaluza e rodeada de amigas hebreas sefarditas.