O talento xuvenil máis creativo e sensible recibe os Premios Provinciais da Xuventude

Pontevedra
18 de novembro 2023

Luis López, presidente da Deputación, destacou a creatividade e a intelixencia das persoas participantes que, segundo manifestou na Gala celebrada este venres no Pazo Provincial, aseguran o futuro de Pontevedra. Os premios reparten un total de 36.000 euros entre os gañadores das nove categorías artísticas

Entrega dos Premios Provinciais da Xuventude
Entrega dos Premios Provinciais da Xuventude /

O Pazo Provincial acollía este venres a gala de entrega dos premios aos participantes gañadores da sétima edición dos Premios Provinciais á Xuventude.

Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, na súa intervención destacaba o talento, a intelixencia, creatividade e sensibilidade de todos os aspirantes aos premios que, segundo manifestou, fan que a provincia 'teña asegurado ou seu futuro'. 

A xornalista Patricia Bea foi a encargada de conducir o evento que ofreceu a actuación musical de Ainhoa Mosquera, premiada no ano 2021 no mesmo certame. 

Tamén interveu Jorge Cubela indicando o compromiso da institución provincial co talento xuvenil a través da creación dun novo servizo que conta con 1,2 millóns de euros de orzamento.

Estes premios reparten 36.000 euros entre os gañadores, que suman 77 traballos nas nove categorías artísticas. Esta convocatoria busca a promoción da creatividade da poboación nova da provincia no ámbito sociocultural, ademais de promover a recuperación ambiental e loitar contra o cambio climático. 

As persoas premiadas recibiron tamén uns trofeos de cerámica elaborados por usuarios da Asociación Alba de Familiares e Amigos de Enfermos Psíquicos de Pontevedra.

Premios concedidos nesta edición de 2023:

  • 1. BANDA DESEÑADA:

- Primeiro premio (1.000 euros): Ánxel Carramal Fernández, Pontevedra, 1994. Psicólogo. Polo seu proxecto 'E Marcos puxo o seu suadoiro vermello'
- Segundo premio (600 euros): Manuel Alejandro Vázquez Búa, Vilagarcía de Arousa, 1994. Biólogo. Polo seu proxecto: 'O mergullo dunha vida'
- Terceiro premio (400 euros): Andrés Chincilla Argibay, Vigo. Polo seu proxecto: '!Ei¡ Que hoy vamos a montar a caballo'

  • 2. CONTIDO AUDIOVISUAL:

- Segundo premio (600 euros): Susana Cabaleiro Álvarez, Salceda de Caselas. Polo seu proxecto: 'Fogones Gallegos'

  • 3. DESEÑO E MODA:

- Primeiro premio (1.000 euros): Regina Chamorro Misa, Nigrán. Polo seu proxecto 'Relindo Festejo'

  • 4. EDUCACIÓN EN VALORES:

- Primeiro premio (1.000 euros): Ies de Poio. Polo seu proxecto 'I Cumio do Clima'
- Segundo premio (600 euros): IES Illa de Ons, Bueu. Polo seu proxecto: '#PatriarcadasRevirad@s'
- Terceiro premio (400 euros): IES A Paralaia de Moaña. Polo seu proxecto: 'Reactiva a igualdade'

  • 5. FOTOGRAFÍA ORIXINAL:

- Primeiro premio (1.000 euros): Claudia Gómez López, Pontevedra. Polo seu proxecto 'O Mercado'
- Segundo premio (600 euros): María Sarrapio Pol, Pontevedra. Polo seu proxecto: 'Impermeables'
- Terceiro premio (400 euros): Helena Constenla Lorenzo, Poio. Polo seu proxecto: 'O instante do límite do turismo'

  • 6.1 INVESTIGACIÓN – Subcategoría Ciencias, Arquitectura e Enxeñaría:

- Primeiro premio (ex aequo) (2.000 euros): Silvia García Méndez, Baiona, 1992. Polo seu proxecto 'Contribution to Natural Language Generation for Spanish'
- Primeiro premio (ex aequo) (2.000 euros): Francisco de Arriba Pérez, Vigo, 1989. Polo seu proxecto: 'Inteligencia conversacional para asistentes interactivos orientados al lenguaje – Celia'
- Segundo premio (1.250 euros): Laura Rubio Lareu, Vila de Cruces, 1994. Polo seu proxecto: 'Estratexias analíticas integrais para novos retos no control da seguridade de cosméticos'
- Terceiro premio (750 euros): Moisés Cordeiro Costas, Cangas, 1996. Polo seu proxecto: 'Modelado e optimización mediante técnicas de aprendizaxe automático en edificios con instalacións renovables de produción, almacenamento e consumo eléctricos'.

  • 6.2. INVESTIGACIÓN - Subcategoría Artes, Humanidades e Ciencias sociais e xurídicas:

- Primeiro premio (2.000 euros): Andrea Domínguez Torres, Marín, 1993. Polo seu proxecto 'Arte en contra de la violencia especista (España, 2000-2019)'
- Segundo premio (1.250 euros): Adrián Paramés González, Vigo, 1998. Polo seu proxecto: 'El mobiliario en los centros educativos: valoración antropométrica e instrumentos de medida'
- Terceiro premio (750 euros): Laura Docampo López, Vigo, 1999. Polo seu proxecto: 'Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista'.

  • 7. REACCIÓN POLO CLIMA:

- Primeiro premio (1.000 euros): IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña. Polo seu proxecto 'A Axenda 2030 no IES A Paralaia. Facemos economía circular? e A horta de Sofía'

  • 8.1 TRABALLO LITERARIO BREVE – Subcategoría de narrativa:

- Primeiro premio (1.000 euros): Ana Iglesias Calviño, Ponte Caldelas, 1993. Polo seu proxecto 'A Telegrafista'
- Segundo premio (ex aequo) (600 euros): Fabio Rivas Pardo, Pontevedra, 1997. Polo seu proxecto: 'A meiga de Padrerrei'
- Segundo premio (ex aequo) (600 euros): Inés Alonso Veloso, Vigo, 2004. Polo seu proxecto: 'La Visita'

- Terceiro premio (400 euros): Rebeca López Villar, Vigo, 1993. Polo seu proxecto: 'Unha e outra vez'

  • 8.2. TRABALLO LITERARIO BREVE – Subcategoría de poesía:

- Primeiro premio (1.000 euros): Pedro Rodríguez Villar, Nigrán, 1996. Polo seu proxecto 'Palabras nas Pedras'
- Segundo premio (600 euros): César Manuel Gil, Cangas, 1995. Polo seu proxecto: 'Catro movementos sobre a incomprensión'
- Terceiro premio (400 euros): Rebeca López Villar, Vigo, 1993. Polo seu proxecto: 'Xuntanza (preside a lúa)'

  • 9. TRABALLO MUSICAL:

- Primeiro premio (1.000 euros): Santiago Guerra Fernández, Cangas, 2000. Polo seu proxecto 'When I think of you'
- Segundo premio (600 euros): Javier Lago López, Pontevedra, 1996. Polo seu proxecto: 'Todo a la vez'