O Salón do Libro pon en marcha un concurso de microrrelatos a través de Twitter

Pontevedra
07 de febreiro 2015

O certame vai iniciarse o vindeiro 9 de febreiro e premiará a un estudante de Ensinanza Secundaria con entradas para o teatro para toda a súa clase

Presentación do cartel do XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Presentación do cartel do XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra /

Os estudantes de Ensino Secundario teñen a oportunidade de participar na primeira convocatoria do Concurso de Microrrelatos Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que na edición de 2015 ten como tema 'Da Ciencia á Ficción'.

O certame iniciarase o próximo luns 9 de febreiro e é unha das novidades do programa previsto para a edición deste ano. A iniciativa adiántase á inauguración do salón coa idea de dar a coñecer o evento cultural entre os nenos. O medio utilizado para ese fin é a rede social Twitter, que hara que a competición sexa máis emocionante, segundo a organización, tanto pola súa inmediatez coma polas limitacións ás que obriga esta rede social.

O concurso premiará un só estudante e o galardón consistirá en entradas para asistir a unha función teatral en Pontevedra cos seus compañeiros de clase. A organización do Salón do Libro colgará na conta de Twitter, @SalondoLibro, o inicio dunha historia que os participantes deberán completar con, como máximo, tres tuits. Os participantes deberán incluír sempre o hashtag #daCienciaFiccion.

No caso de que se publique máis dun tuit, deben indicar a súa orde da seguinte forma: 1/3, 2/3 y 3/3. A organización non admitirá a concurso ningún tuit que non vaia acompañado do hashtag.

Os finais alternativos á historia poden enviarse ata o 2 de marzo, data na que o Salón do Libro xa estará en marcha. Os tuits deberán estar escritos en galego e ser orixinais.

O xurado que seleccione o gañador estará composto por representantes do XVI Salón do Libro e o seu fallo farase público o 5 de marzo.