O Salón do Libro afronta a súa recta final cunha semana de faladoiros

Pontevedra
03 de maio 2021

Autores de prestixio como Kiko Dasilva ou Ledicia Costas estarán esta semana no Salón do Libro para falar sobre a creación literaria e plástica

Faladoiro sobre banda deseñada entre Miguel Anxo Prado e Pablo Prado no Salón do Libro
Faladoiro sobre banda deseñada entre Miguel Anxo Prado e Pablo Prado no Salón do Libro

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra continúa esta semana co ciclo de faladoiros relacionados coa creación literaria e plástica iniciado a semana anterior cun diálogo centrado no cómic entre Miguel Anxo Prado e Pablo Prado.

De coller a testemuña encárganse este martes Kiko Dasilva cun encontro lector sobre Os berros da motocicleta conducido por Montse Fajardo. O mércores será a quenda de Montse Pena Presas a partir da obra Intempestiva. Unha biografía literaria de Xela Arias conducido por Rosalía Fernández. O xoves o protagonismo será para a Editorial Catroventos, sobre "libros para salvar o planeta" coa participación do editor Isidro Dozo.

O venres falarán sobre o oficio da escritura Ledicia Costas e Mariña Maceiras, mentres que o sábado Meu dito, meu feito realizará unha achega ao cómic autoeditado.

Todas as actividades están previstas para as 19.30 horas e pódese solicitar asistencia a través da web do Salón do Libro ou na Librería Paz.

Arquivado en