O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra acollerá entre os días 6 e 27 de marzo a exposición ' Unha ollada ao cómic galego'. A mostra presenta a historia do cómic galego da man de referentes como Castelao, Isaac Díaz Pardo, Reimundo Patiño ou Xaquín Marín.
Na exposición farase especial fincapé en referentes artísticos do século XX e XXI, incluíndo publicacións como as revistas de cómic para persoas adultas e os fanzines dos anos 80.
O horario habitual de visita ó salón será de luns a xoves de 17 a 20 horas, os venres de 17 a 20.30 horas e os sábados, domingos e os días 19 e 20 de marzo de 11 a 14 e de 17 a 20.30 horas. Ademais, o domingo 8 de marzo ás 11.30 horas terá lugar unha visita guiada pola exposición que contará con prazas limitadas.
Todo o material exposto servirá para poñer en valor a cultura e a creación artística galegas, así como para difundir a labor dos artistas que explotaron este xénero que conxuga a imaxe e a palabra.