O Salón avanza na colaboración con México, o primeiro país que acudirá como invitado

Pontevedra
06 de novembro 2017

De Pontevedra a México e viceversa. Así será a colaboración que se acaba de pechar entre O Salón, o evento anteriormente coñecido como Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, e a Feria Internacional de Literatura Infantil y Juvenil (FILIJ- 2017) de Cidade de México

Final do Salón do Libro 2017
Final do Salón do Libro 2017 / Diego Torrado

De Pontevedra a México e viceversa. Así será a colaboración que se acaba de pechar entre O Salón, o evento anteriormente coñecido como Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, e a Feria Internacional de Literatura Infantil y Juvenil (FILIJ- 2017) de Cidade de México.

México será o primeiro país convidado na reformulación de O Salón que, a partir de este ano, potenciará a súa internacionalización.

Para avanzar neste traballo, a concelleira de Cultura, Carme Fouces e a coordinadora do Salón, Eva Mejuto, viaxarán a próxima semana ao país azteca para avaliar a proposta de programa e delegación que virá a Pontevedra en 2018.

Ambas coordinarán con diversas institucións mexicanas o programa de convidados que asistirán ao Salón da Boa Vila, entre os que estarán ilustradores, narradores, editores, autores e diversas personalidades da literatura infantil e xuvenil de México.

"Estamos moi ilusionados", explicou Carmen Fouces sobre esta irmandade con México, aínda que destacou que "imos sobre seguro", xa que os contactos "están moi traballados" tras a misión comercial que Pontevedra protagonizou en agosto. "Agárdannos con bastante expectación e estaremos á altura do que se nos vai a pedir", engadiu.

O Salón espera que, polo menos durante unha semana, México sexa protagonista. Ademais, Fouces destacou que a temática deste ano, Mulleres de conto, está a ser moi valorada no país centroamericano porque "lles importa moito" todo o relacionado coa muller, por lo que agarda que sexa unha aprendizaxe mutua.

Pontevedra terá tamén presenza na feira FILIJ de Cidade de México. Así, o modelo de cidade de Pontevedra estará presente da man de Carme Fouces, que impartirá unha conferencia titulada Una ciudad para la infancia o próximo luns 13 de novembro.

A coordinadora do Salón, Eva Mejuto, participará convidada pola organización da FILIJ no seminario internacional de fomento da lectura, o martes 14 ás 16.00 horas, coa temática El libro álbum en tiempos de conflicto.