O programa das Festas de Verán xa está na rúa. Editáronse 40.000 exemplares dunha publicación que se pode conseguir nas oficinas de turismo da cidade ou no Concello de Pontevedra. Xa podemos consultar toda a programación para os meses de xullo e agosto, pero desde PontevedraViva queremos destacar os principais eventos que se celebrarán na cidade durante todo este tempo.
As Festas de Verán recollen as actividades de Ponteverán, o ciclo de Música de bandas, a romaría de San Benitiño de Lérez (11 de xullo), o Memorial Ricardo Portela (12-13 de xullo), o Festival Internacional de Jazz e Blues (17-22 de xullo), as festas de Santiaguiño do Burgo (24-26 de xullo), Festixeve (27-28 de xullo), o ciclo 15 bolos (29 de xullo-2 de agosto), o festival Itineranta (6-8 de agosto), a Festa do Demo (23 de agosto) ou a Feira Franca (6-7 de setembro).
Atención especial merece as Festas da Peregrina. A Semana Grande das Festas de Pontevedra comezará o sábado día 10 de agosto co pregón da actriz, guionista e directora teatral Andrea Bayer e se prolongará ata o domingo seguinte, día 18. Será, como cada ano, oito días cheos de eventos musicais, culturais, lúdicos e festivos que encherán de animación e ledicia as principais rúas da cidade e do Centro Histórico.
A programación das Festas da Peregrina é a seguinte:
Sábado 10 de agosto
- 12:00 horas: Lectura do pregón a cargo da actriz Andrea Bayer desde a balconada do Pazo de Mugartegui e foguete de inicio das festas
- 12:30 horas: Pasarrúas con: Algueirada, Os Alegres de Mourente, Os Trazantes de Tenorio, Recordos da Nosa Terra, Os de Algures, Duos Pontes e Celme.
- 12:45 horas: Traslado da carroza procesional para a ofrenda floral desde a praza de Mugartegui ata o santuario da Virxe Peregrina.
- 13:00 horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
- 13:15 horas: Actuacións nas prazas do centro histórico: Algueirada, Os Alegres de Mourente, Os Trazantes de Tenorio, Recordos da Nosa Terra, Os de Algures e Celme.
- 14:00 horas: Entrega dos premios Amigos de Pontevedra
- 18:00 horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
- 22:30 horas: Concerto de Mago de Oz + Qué desilusión! na Praza de España
- 22:45 horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: Avenida Dance e Nuevo Ritmo
- 24:00 horas: Fogos de artificio no peirao das Corbaceiras
Domingo 11 de agosto
- 12:00 horas: Misa pontifical no santuario da Virxe Peregrina
- 13:00 horas: Actuación nas prazas da cidade do grupo Andaina
- 13:30 horas: Pasarrúas. Charanga Apeles
- 18:00 horas: Pasarrúas. Charanga Apeles
- 21:00 horas: Procesión da Virxe Peregrina e danza gremial de cintas, século XVIII. Praza da Peregrina
- 22:30 horas: Concerto La Guardia e La Frontera na Praza de España
- 24:00 horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: Orquestras Saudade 73 e D´Color
Luns 12 de agosto
- 12:00 horas: Pasarrúas. Charanga Apeles
- 13:00 horas: Actuación de Andaina. Prazas e rúas
- 18:00 horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
- 19:30 horas: Teatro Infantil: Preséntame un pallaso na Praza do Teucro
- 21:00 horas: Concerto man a man Bandas de Música de Pontevedra e Salcedo na Praza da Ferrería
- 22:30 horas: Festa 40 Principales "Word Dance Music-Hot Mix" na Praza de España
- 24:00 horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: Orquestra Canela de Vigo
Martes 13 de agosto
- 11:30 horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
- 13:00 horas: Actuación do grupo Os de Mourente nas prazas e rúas da cidade
- 19:00 horas: Batalla de Flores: Loureiro Crespo, Cobián Areal, Uxío Novoneyra e Eduardo Pondal
- 21:00 horas: A farsa de Bululú, por Teatro Arume no Teatro Principal
- 21:00 horas: Festival Infantil Brincabolechas na Praza de España
- 22:30 horas: Concerto Banda de Música de Pontevedra: Noite de boleros na Ferrería
- 22:45 horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: Orquestra Alcotán
Mércores 14 de agosto
- 12:00 horas: Actuación do grupo Dolmen nas prazas e rúas da cidade
- 13:00 horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
- 18:00 horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
- 19:30 horas: Espectáculo Abraiante de Pedro Volta, na Praza do Teucro
- 21:00 horas: Festival de Corais coa Polifónica de Pontecesures, Bella Helenes, Polifónica de Soutomaior, Alameda, Coral de Poio e Voces Amigas de Mourente na Ferrería
- 22:30 horas: Concerto Son de Seu + Fiadeiro na Praza de España
- 22:45 horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: Orquestras Alabama Show e Xoldra
Xoves 15 de agosto
- 11:00 horas: Partidas simultáneas de xadrez pola Escola de Xadrez Pontevedra na Avenida Santa María
- 11:30 horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
- 12:00 horas: Actuación dos grupos Chouteira e Algures nas prazas e rúas da cidade
- 12:30 horas: Misa solemne e procesión de Santa María
- 13:30 horas: Concerto da Banda de Música de Salcedo na avenida de Santa María
- 17:30 horas: Xogos e tradicións populares na avenida de Santa María
- 18:00 horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
- 19:30 horas: Teatro Infantil: Ghazafelhos e Contos para escagarriñarse, na Praza do Teucro
- 21:00 horas: Festival de corais coa Polifónica de Barro, Airiños de Campañó, Polifónica Xuntanza de Meis e O Chopo, na Ferrería
- 22:30 horas: Concerto de Berrogüeto na Praza de España
- 22:45 horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestra Embajadores
- 23:00 horas: Verbena de San Roque: Orquestra Bahía na Praza do Gremio de Mareantes
- 24:00 horas: Espectáculo pirotécnico no Peirao das Corbaceiras
Venres 16 de Agosto
- 12:15 horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
- 13:00 horas: Actuación do grupo Os Alegres nas prazas e rúas da cidade
- 18:00 horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
- 19:00 horas: Concerto da Banda de Música de Pontevedra na Praza Irmáns Pazó
- 19:00 horas: Exhibición de Taekwondo na Peregrina
- 19:30 horas: Teatro infantil: Xan das Ondas, de Barafunda Animación na Praza do Teucro
- 20:00 horas: Misa Solemne na Basílica de Santa María e Procesión de San Roque
- 21:00 horas: Concerto Vocal Tempo na Praza da Ferrería
- 22:30 horas: Concerto de Malú na Praza de España
- 24:00 horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras Cosmos e De Luxe
Sábado 17 de agosto
- 12:00 horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
- 13:00 horas: Pasarrúas do grupo Xoldra
- 18:00 horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
- 19:30 horas: Teatro Infantil: A nena e o grilo nun barquiño de Magín Blanco na Praza do Teucro
- 21:00 horas: Concerto Quempallou + Trébede na Ferrería
- 22:00 horas: Cantos de Tabernas: Maravallada + Orfeón do Berbés nas tabernas de Valentín. García Escudero, A Leña, rúa Real e Princesa
- 22:30 horas: Concerto de Auryn na Praza de España
- 22:45 horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: Orquestras Salsa Costas e Anagrama
Domingo 18 de agosto
- 12:15 horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles e Os de Mourente
- 18:00 horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
- 19:30 horas: Teatro infantil: Quinteto Pentafonía + Seis Dedos na Praza do Teucro
- 21:00 horas: Exhibición de Bailes de Salón polo Club de Baile Pasos Galicia na Praza da Ferrería
- 21:15 horas: Cantos de Tabernas Os Sin Son e Os Sajariteiros nas tabernas do centro histórico
- 22:30 horas: Concerto de Paloma San Basilio na Praza de España
- 22:45 horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coas orquestras Costa Blanca e Quinta Avenida
- 24:00 horas: Fogos de artificio no peirao das Corbaceiras