O programa ConBdeBarro levou a cultura a todas as parroquias con 16 actuacións ao longo do verán

Umia
28 de setembro 2022

Maxia, cine, baile, música tradicional, música de cámara, humor ou rock foron algúns dos xéneros que chegaron este verán a todos os recunchos do concello

Actuación do programa cultural de verán ConBdeBarro
Actuación do programa cultural de verán ConBdeBarro / Concello de Barro

O Concello de Barro dá por rematada a programación cultural estival do municipio, que "volveu ser de alta intensidade". O programa ConBdeBarro levou un total de 16 actividades repartidas polas seis parroquias do concello.

ConBdeBarro é unha programación cuxo formato naceu nos meses duros da pandemia, con pequenas actuacións nas que primaba o acento local e destinadas para un público reducido e de todas as idades e gustos.

Desde o goberno local aseguran que o éxito foi tal que se afinzou nos veráns de Barro e as actuacións en pequeno formato chegaron a todas as parroquias e lugares.

Maxia, cine, baile, música tradicional, música de cámara, humor ou rock foron algúns dos xéneros que chegaron este verán a todos os recunchos do concello e que cada ano van enganchando a un maior número de espectadores de todos as idades.