O programa 'Ahora Caigo' pechou os seus dez anos na pantalla coa participación do vilagarcián 'Borjamina'

Pontevedra
02 de agosto 2021

O mozo Borja Santamaría, que tiña o récord en número de programas e diñeiro acumulado, estivo rodeado de famosos na despedida do programa de A3 Media presentado por Arturo Valls

'Borjamina' enfrontouse a unha decena de famosos no programa de despedida de 'Ahora Caigo'
'Borjamina' enfrontouse a unha decena de famosos no programa de despedida de 'Ahora Caigo' / Antena 3 Televisión

Seguro que non foi a despedida que Borja Santamaría desexase, pero a pesar de que a sorte non estivo do seu lado, o vilagarcián 'Borjamina' foi o único concursante nos dez anos de emisión de 'Ahora Caigo' que participou no seu último programa na pantalla. Este pasado domingo 1 de agosto, Antena 3 emitía na súa grella vespertina un especial para despedir o programa que durante estes anos presentou Arturo Valls.

Borja - que para a ocasión deixou as súas artísticas camisetas e luciu traxeado -, mediuse a uns rivais tamén especiais para a ocasión, todos rostros coñecidos: Joaquín Reyes, Angy, Luís Piedrahita, Sara Escudero, Raúl Gómez, Pablo Puyol, Marta Torné, Rocío Madrid, Pablo Chamarro e Eva Soriano. Foi precisamente con esta última cando o mozo, no duelo final, tivo que elixir a pegada negra ou a pegada branca. Na súa xa coñecida chiscadela ao público, usou o aplausómetro, que se decantou pola pegada negra. Neste punto do concurso perdía os 56.001 euros que acumulaba e unicamente optaba a manter 5.000 euros, que finalmente conseguiu gañar.

'Borjamina' conseguira ser o concursante que máis diñeiro acumulara e récord en número de programas; motivo polo que se lle seleccionou para esta edición especial. Ao longo da súa estancia gañouse a simpatía do público, algo do que fixo gala tamén esta vez. Para a súa despedida viu un desexo cumprido: "eu quero pedir unha cousa. Xa que este é o meu último programa e este é un programa de caídas, o meu último desexo é que: quero caer", e así llo concedeu Valls, polo que 'Borjamina' puido experimentar a coñecida caída ao abrirse a trampilla de 'Ahora Caigo'.

Borja puxo nome e contido o pasado xuño a 'A playlist' e durante o podcast xa advertiu que pronto se lle volvería a ver nun concurso de televisión. Aínda que para este momento conPontevedraViva Radio, ' Borjamina' xa gravara o especial televisivo, por contrato os concursantes han de ter total discrección sobre o seu paso polos programas, que a recado, non será o último no que participe.