O pontevedrés Gabriel Peso coroa o Festival Internacional de Jazz e Blues 2019

Pontevedra
29 de xullo 2019

O pianista acompañado pola súa formación presentou na praza da Ferrería o seu segundo traballo discográfico, 'Travesía', no último concerto da XXVII edición do Festival pontevedrés

Concerto de Gabriel Peso Trío
Concerto de Gabriel Peso Trío / Diego Torrado

O concerto de Gabriel Peso Trío concluía na noite deste domingo a  XXVII edición do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. A praza da Ferrería volveu encherse de público, igual que sucedía durante as tres últimas noites cos concertos de  DeFrancesco, Judith  Hill e José James.

O pianista pontevedrés, acompañado polo batería Miguel Asensio e polo contrabaixista David Ruiz, presentaba o seu segundo traballo discográfico, que leva por título 'Travesía'. 

O compositor, produtor e  arreglista, que acompañou no escenario a artistas tan coñecidos como David Bisbal e traballado con estrelas do pop español como Malú, Abraham Mateo ou Melendi, ofreceu os temas que foi elaborando durante o últimos cinco anos expresando as sensacións que lle transmitiron as viaxes realizadas. E por suposto, con referencias sonoras sempre a Galicia.