O musical "Camiñantes e Cantantes" chega ao festival "Cerdedo-Cotobade en Sons 2024" con Pepo Suevos, Manuel Manquiña e Pili Pampín

Cerdedo-Cotobade
20 de xullo 2024

O vindeiro xoves, día 25 de agosto, ás 22:30 horas na Praza do Concello de Cerdedo, terá lugar o espectáculo musical "Camiñantes e Cantantes", da agrupación A Ocaband

Musical "Camiñantes e cantantes"
Musical "Camiñantes e cantantes"

O vindeiro xoves, día 25 de agosto, ás 22:30 horas na Praza do Concello de Cerdedo, terá lugar o espectáculo musical "Camiñantes e Cantantes", da agrupación La Ocaband. 

A representación ten como obxectivo que o público vaia camiñando por distintos roteiros cara a Santiago de Compostela a través das cancións dos artistas galegos máis populares de todos os tempos. 

A función é integramente en galego, dunha duración aproximada de 120 minutos e de carácter totalmente gratuíto. Está organizado polo Concello dentro do festival "Cerdedo-Cotobade en Sons 2024".

Ademais de La Ocaband, tamén participarán recoñecidos artistas convidados como Pepo Suevos, Manuel Manquiña e Pili Pampín. Os músicos colaborarán no desenvolvemento do musical e mesmo interpretarán temas da súa propia produción. 

"Camiñantes e Cantantes" é o musical dos Camiños de Santiago.

E o venres 26 de xullo "Cerdedo-Cotobade en Sons 2024" traerá á Praza do Concello de Cerdedo o concerto da banda "Condutores Suicidas" co seu fiel e respectuoso tributo a Joaquín Sabina. 

Desde a promotora sinalan que "o show é un asombroso reflexo dos directos do mestre nos que se percorren todas as etapas da súa carreira desde a época de Viceversa. O incrible  parecido da voz e a coidada interpretación instrumental trasladan ao público ao marabilloso mundo das cancións de Sabina". 

Durante máis de dúas horas de actuación os "Conductores Suicidas" repasarán as inesquecibles baladas acústicas e os máis potentes e inconfundibles temas de rock de Joaquín Sabina. Cancións como"Princesa", "Y sin embargo", "¿Quién me ha robado el mes de abril?", "El boulevard de los sueños rotos", "Peces de ciudad", "Pacto entre caballeros", "La del pirata cojo" ou "19 días y 500 noches" non faltarán no repertorio.

O festival "Cerdedo-Cotobade en Sons 2024" pecha o mes de xullo cun concerto da Banda de Música de Cerdedo o domingo 28 na Praza do Concello.

Pero agosto e setembro veñen cargados de música como as actuacións previstas de Milladoiro, Rilo e Penadique, 100voltas e Verónica Codesal, Uxía Lambona e a Banda Molona, Querida Monsserrat, querido Luciano o el Tributo a Xoan Pardo, entre outros concertos.