O Museo pon en marcha as visitas guiadas á exposición de Xaime Quessada

Pontevedra
07 de outubro 2020

Para participar é necesario realizar unha inscrición previa porque o aforo está reducido a un máximo de nove persoas como medida de precaución fronte á covid-19

O Museo de Pontevedra inicia as visitas guiadas á exposición de Xaime Quessada
O Museo de Pontevedra inicia as visitas guiadas á exposición de Xaime Quessada / Museo de Pontevedra

O Museo de Pontevedra inicia a próxima semana as visitas guiadas á exposición "O Universo de Xaime Quessada", que terán lugar todos os xoves e sábados ás seis da tarde co requirimento de realizar unha inscrición previa como medida de seguridade pola situación sanitaria. A exposición estará aberta ao acceso libre ata o 10 de xaneiro do 2021.

Nesta mostra exhíbense máis de medio centenar de obras realizadas ao longo de cinco décadas de actividade creadora do artista nas que se reflicten dúas das características máis outorgadas ao autor: a liberdade creativa e o compromiso social.

Para participar nas visitas guiadas, só hai nove prazas por sesión, é necesario chamar ao 986 804 100 ou a través do correo electrónico [email protected].

Doutra banda, as visitas ás coleccións do Museo de Pontevedra continúan a súa programación habitual de martes a venres ás 12 , ás 19, os sábados; e ás 12horas os domingos e festivos.

Mentres que as visitas ás ruínas de Santo Domingo mantéñense de luns a venres ás 11 horas ata que se peche o recinto durante a época de inverno.