O Museo 'Manuel Torres' de Marín acolle a presentación do último libro do antropólogo pontevedrés Rafael Quintía

Marín
02 de abril 2018

O último libro do antropólogo pontevedrés Rafael Quintía, será presentado o 7 de abril, ás 20.00 horas, no Museo 'Manuel Torres' de Marín da man da 'Asociación Queremos Galego Marín'

O antropólogo pontevedrés Rafael Quintía
O antropólogo pontevedrés Rafael Quintía / Gabriela Varela Asorey

O último libro do antropólogo pontevedrés Rafael Quintía, será presentado o 7 de abril, ás 20.00 horas, no Museo 'Manuel Torres' de Marín da man da 'Asociación Queremos Galego Marín'.

O exemplar, baixo o título de 'Universos simbólicos. Olladas ao redor da cultura e identidade galega', é un compendio de textos cuxa temática xira en torno a diferentes aspectos da cultura galega e dos elementos constituíntes da identidade como pobo.

O autor, intenta achegar ao lector cuestións relacionadas con ideas máxico-relixiosas da cultura galega.

Percorre a mitoloxía, o simbolismo, as crenzas máis intimas, os medos, o papel da lingua na cultura de Galicia...

Rafael Quintía é un coñecido antropólogo, economista, escritor e músico pontevedrés que leva anos traballando no campo da investigación e a divulgación da etnografía, historia, cultura e antropoloxía social e cultural da comunidade galega.

Destaca ademáis por ser membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).

Este antropólogo é un habitual da 'Asociación Queremos Galego Marín', achegando a ela todas as súas obras.