O Museo de Pontevedra convoca unha segunda rolda dos seus talleres sobre arte rupestre

Pontevedra
29 de setembro 2020

A actividade é gratuíta e ten como obxectivo achegar dunha forma lúdica e pedagóxica a importancia destas expresións na historia de Galicia, potenciar a creatividade e o pensamento crítico os participantes

O Museo incorpórase á rede "Camiños de arte rupestre prehistórica"
O Museo incorpórase á rede "Camiños de arte rupestre prehistórica" / Deputación de Pontevedra

O Museo de Pontevedra engade unha nova quenda aos talleres TransformArtepara celebrar o Día Europeo da arte Rupestre. Dada a boa acollida que tivo a primeira quenda, no que as prazas iniciais quedaron esgotadas rapidamente, a nova sesión levará a cabo o sábado 10 de outubro, de 17.30 a 19 horas; e o domingo 11, de 11 a 12.30 horas.

Esta iniciativa é a primeira organizada polo ente provincial dedicada a este tipo de arte desde a súa integración no programa " Camiños de Arte Rupestre Prehistórica" dependente Consello de Europa. Con este taller preténdese aproximar aos menores á arte rupestre galego a través da colección do museo pontevedrés dunha forma lúdica e pedagóxica.

Durante os talleres buscarase tamén fomentar as habilidades creativas dos participantey potenciar o pensamento crítico e reflexivo, o diálogo e o respecto ante diferentes opinións e ideas. Ademais nos obradoiros os nenos e nenas, de entre 8 e 13 anos, realizarán unha representación artesanal dos petróglifos galegos a partir do modelado con pasta e a confección con diferentes tecidos dalgunhas figuras significativas.

A participación é gratuíta, pero o aforo está limitado a oito menores por quenda e deben inscribirse, por orde de recepción, no correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es

Arquivado en