Os amantes do cine e afeccionado ao xénero de conspiracións teñen mañá unha segunda cita co ciclo que a semana pasada puxo en marcha o campus e que ofrecerá diferentes clásicos do cine negro todos os vernes dos próximos catro meses.
Nesta ocasión a película que se proxectará será 'O ministerio do medo', de Fritz Lang. A sesión, que terá entrada de balde ata completar o aforo, comezará este venres ás 19.00 na Casa das Campás.
Con Fritz Lang atopámonos a un dos grandes directores da historia do cinema, firmando cintas tan icónicas como 'Metrópolis' ou 'M'. Durante o seu exilio nos Estados Unidos durante os anos corenta firmou numerosos filmes de cinema negro, xénero ao que pertence 'O ministerio do medo', adaptación da novela homónima de Graham Greene.
Nela seguimos a historia de Stephen Neale, quen a pouco de ser dado de alta dun psiquiátrico atópase cunha tarta que no seu interior contén un microfilme. Dende entonces verase implicado nunha rede de espionaxe internacional que lle perseguirá para facerse co misterioso obxecto.
Ficha
Título: O ministerio do medo
Director: Fritz Lang
Ano: 1944
País: Estados Unidos
Duración: 87 minutos