O mago Jorge Blass tivo que suspender a actuación prevista para as 18.00 horas deste domingo 3 de decembro no auditorio da sede de Afundación de Pontevedra ao atoparse convalecente despois de sufrir un atropelo en Vigo.
O coñecido ilusionista español contou a través das súas contas nas redes sociais Facebook e Instagram que tivo "la mala suerte de ser atropellado por un coche en Vigo" este sábado. "Afortunadamente estoy bien, solo tengo un brazo roto", tranquiliza aos seus fans, pero engade que se ve obrigado a "cancelar el show en Pontevedra".
As persoas que comprasen as entradas para o espectáculo recuperarán o seu diñeiro a través da mesma canle de venda.
"Lamento mucho no poder hacer lo que más me gusta del mundo: Actuar en un escenario! Espero recuperarme pronto y volver a compartir mi magia con vosotros", engade o ilusionista, que se converteu nun personaxe moi popular tras vender un truco a David Copperfield para o seu show en Las Vegas.
Nunha das súas publicacións en redes sociais deste domingo explica que o atropelou "un condutor ebrio y descuidado" e causoulle rotura de cúbito e radio, ademais de ter que recibir puntos no beizo.