O primeiro Premio de Narrativa Xuvenil María Victoria Moreno xurdía este 2018 dentro do Salón do Libro "Mulleres de conto" e xa conta co seu primeiro gañador, o autor Antonio Manuel Fraga pola súa obra 'O bestario científico de Anxos Nogueirosa'.
Este traballo foi seleccionado entre 31 orixinais que participaron nesta primeira convocatoria, promovida polo Concello de Pontevedra e por Urco Editora.
O xurado desta primeira edición destacou a afouteza dos personaxes femininos cun carácter optimista e sen creba, ademais da introdución da natureza máxiica galega nun contexto histórico, complementado con modernidade.
O nivel dos traballos foi elevado, segundo sinalaban as compoñentes do xurado: Eli Ríos en representación da familia de María Victoria Moreno; Andrea Martínez, alumna do IES Torrente Ballester; Carme Hermida en representación do Concello de Pontevedra; Montse Pena Presas, experta en LIX; Andrea Jamardo Seijo, en representación de Urco Editora.