O humor absurdo e inteligente de Faemino y Cansado, en maio en Pontevedra

Pontevedra
03 de abril 2013

Dous micrófonos e unha iluminación que resalta ou amortigua as personalidades de Faemino e Cansado. ÿ toda a escenografía coa que contan en Parecido no es lo mismo, o sexto espectáculo da exitosa carreira dun dos dúos cómicos máis populares do noso país. Non necesitan máis para crear situacións hilarantes. E demostrarano en Pontevedra o vindeiro sábado 4 de maio, ás 20.30 horas, no Centro Social Novacaixagalicia

Faemino y Cansado, un dos dúos cómicos de maior éxito no noso país
Faemino y Cansado, un dos dúos cómicos de maior éxito no noso país / Faemino y Cansado

Dous micrófonos e unha iluminación que resalta ou amortigua as personalidades de Faemino e Cansado. ÿ toda a escenografía coa que contan en Parecido no es lo mismo, o sexto espectáculo da exitosa carreira dun dos dúos cómicos máis populares do noso país. Non necesitan máis para crear situacións hilarantes. E demostrarano en Pontevedra o vindeiro sábado 4 de maio, ás 20.30 horas, no Centro Social Novacaixagalicia.

Vestidos, como sempre, de negro e con extravagantes americanas, Faemino e Cansado presentan este novo espectáculo, que segundo eles mesmos recoñecen, supón un novo xiro ás súas formulacións estéticas e ideolóxicas. Porque aseguran que cando un vai ver a Faemino e Cansado "quere ver a Faemino e Cansado facendo, non o mesmo, pero si algo parecido".

Parecido no es lo mismo é xustamente iso, o título non chama a engano, é un espectáculo parecido sen ser o mesmo. Parecido a que espectáculo? A todos. A posta en escena foi sempre similar. O que cambiou, o determinante, son os textos que non son os mesmos, quizais parecidos, pero non iguais.

Sinopse: Se liches a Kierkegaard, saberás que ti tamén podes negociar co teu médico a data da túa morte. Parecido no es lo mismo é un espectáculo polipondurrítico, absurdo e sen ningún fundamento durante o cal con toda seguridade non aprenderemos calceta nin outras artes marciales similares. Deixade xa de facer paiasadas nas vosas casas e vinde vernos!!!

Faemino e Cansado, que toma o seu nome do alcumo artístico elixido polos seus compoñentes, Carlos Faemino e Javier Cansado, comezaron a súa carreira hai case 30 anos protagonizando divertidos espectáculos na rúa. Posteriormente levaron o seu humor a teatros e ata contaron con programa propio en televisión. O seu humor, aínda que adoita etiquetarse como inclasificable, pódese considerar como absurdo, intelixente e subrrealista.

As entradas para este espectáculo de Faemino e Cansado teñen un prezo entre os 19 e os 22 euros e pódense adquirir en www.servinova.es.