O "Hasta siempre" de Paloma San Basilio en Pontevedra pecha a semana grande das Festas

Pontevedra
19 de agosto 2013

Milleiros de espectadores asistiron ao concerto co que a veterana cantante pechou o ciclo de recitais da Semana Grande das Festas da Peregrina

A organización decidiu encher de cadeiras a Praza de España en previsión de que Paloma San Basilio atraería a un público maduro, moi diferente ao que durante a noite anterior acudira ao concerto de Auryn. A cantante madrileña ofreceu un espectáculo con referencias aos musicais clásicos cun grupo de cantantes e bailarins que acompañaban na interpretación dos temas. A artista ademais dedicou numerosos eloxios á beleza da cidade de Pontevedra. Algo que xa realizara a través de Twitter durante a tarde.

Paloma San Basilio ofreceu un espectáculo no que repasou os grandes éxitos da súa carreira musical. O concerto inclúese na súa xira Hasta sempre que supón a súa despedida dos escenarios tras case corenta anos nos escenarios e con máis de 30 traballos discográficos publicados que o levaron a lograr varios discos de ouro e platino.

Durante hora e media de recital, os espectadores entregáronse á voz da veterana cantante que, aos seus 62 anos, conta con retirarse ao final desta xira. Tras o concerto, tamén en Twitter se mostrou agradecida co trato recibido polo público.

Arquivado en